Contact us

If you have any question, please send us an email

Os protagonistas políticos do Prestige, 15 anos despois

Created by
David Lombao
Node Type Description Visible
Alberto Núñez Feijóo Persoa
Conselleiro de Política Territorial tras a destitución de Cuíña
A catástrofe do Prestige precipitou o seu regreso a Galicia por orde da dirección central do PP. Pouco despois de ser nomeado conselleiro sumaría o cargo de vicepresidente primeiro da Xunta. Optou ao liderado do PPdeG tras a perda do Goberno galego e accedeu a el en xaneiro de 2006. En marzo de 2009 encabezou o PPdeG nas eleccións galegas que o levaron á Presidencia da Xunta.
Visibility
Arsenio Fernández de Mesa Persoa
Delegado do Goberno de España en Galicia no momento da catástrofe
Fernández de Mesa foi, xunto a Rajoy, a voz do Goberno de Aznar en Galicia nos primeiros momentos da catástrofe. Negou, como Rajoy, que se fose producir unha marea negra. Seguiu de cerca ao actual presidente do Goberno de España durante os seus anos de oposición e, ao retornar ao poder, nomeouno director da Garda Civil, posto no que permaneceu ata 2016.
Visibility
Autoridade Portuaria de Vigo Institución Visibility
Carlos del Álamo Persoa
Conselleiro de Medio Ambiente no momento da catástrofe
Foi unha das escasas vítimas políticas da xestión do Prestige. No entanto, pouco despois foi recolocado como responsable do padroado do Parque das Illas Atlánticas, posto que ocupou ata 2006. Dende 2009 este enxeñeiro é membro do consello de Administración de ENCE.

Visibility
Comisión Europea Institución Visibility
Concello da Coruña Institución Visibility
ENCE Empresa Visibility
Enrique López Veiga Persoa
Conselleiro de Pesca no momento da catástrofe
Xa era conselleiro de Pesca cando sucedeu a traxedia do Mar Exeo na Coruña, en 1992. Foi dos primeiros en admitir que habería unha marea negra e cargou con dureza en múltiples ocasións contra PSdeG e BNG e mais contra a plataforma Nunca Máis polas súas críticas á xestión do acontecido. Optou sen éxito ao liderado do PPdeG para remudar a Fraga. Foi senador por designación do Parlamento galego e actualmente preside a Autoridade Portuaria de Vigo.
Visibility
Federico Trillo Persoa
Ministro de Defensa no momento da catástrofe
Asegurou que barallara a posibilidade de bombardear o petroleiro e, pouco despois do afundimento, defendeu que as praias galegas ficaran "esplendorosas" grazas ao labor do Goberno.
Visibility
Francisco Álvarez Cascos Persoa
Ministro de Fomento no momento da catástrofe
Xustificou todas as decisións tomadas sobre o buque ata o naufraxio. Reafirmouno na súa comparecencia no xuízo polo naufraxio, onde asegurou que os danos provocados polo Prestige foron "inevitables".
Visibility
Francisco Vázquez Persoa
Alcalde da Coruña no momento da catástrofe
Foi o único cargo relevante do PSOE que fuxiu da crítica á xestión por parte do Goberno do PP tanto en Galicia como en España. Acolleu na casa consistorial coruñesa o Consello de Ministros no que o Executivo de Aznar aprobou o Plan Galicia.
Visibility
Fundación FAES Institución Visibility
Garda Civil Institución Visibility
Goberno de Baleares Institución Visibility
Goberno de España 2000-2004 Institución Visibility
Goberno de España 2004-2011 Institución Visibility
Goberno de España 2011-Actualidade Institución Visibility
Goberno do Principado de Asturias Institución Visibility
Jaume Matas Persoa
Ministro de Medio Ambiente no momento da catástrofe
Deixou o Goberno de España para ser candidato ás eleccións autonómicas das Illes Balears de 2003, que gañou á fronte do PP. Foi presidente do arquipélago ata 2003. Posteriormente viuse envolto en varios escándalos de corrupción que o levaron ao cárcere e polos que continúa inmerso en procesos xudiciais.
Visibility
José Luis López Sors Persoa
Director xeral da Mariña Mercante no momento da catástrofe
Foi un dos cargos do Goberno de España máis relacionados co rumbo errático do Prestige fronte á costa galega dende que comezaron os seus problemas ata que partiu e afundiu. No xuízo polo naufraxio defendeu a súa xestión.
Visibility
José María Aznar Persoa
Presidente do Goberno de España no momento da catástrofe
A súa ausencia en Galicia nas semanas posteriores ao naufraxio fora fortemente criticada, así como a súa visita á torre de control marítimo da Coruña entre fortes protestas. Organizou un Consello de Ministros na casa do Concello coruñés para aprobar o Plan Galicia. Tras abandonar o Goberno de España púxose á fronte da conservadora Fundación FAES e ocupa cargos en diversas empresas. Foi presidente de honra do PP ata finais de 2016.
Visibility
Manuel Fraga Persoa
Presidente da Xunta no momento da catástrofe
Fraga era presidente no momento do naufraxio, que causou unha das máis fondas crises no seo do seu Goberno e do PPdeG, que lideraba. Perdeu o poder na Xunta tras as eleccións galegas de xuño de 2005, adiantadas por vontade da dirección central do PP. En 2006 foi remudado por Feijóo á fronte do PPdeG e foi senador por designación autonómica ata 2011. Faleceu en xaneiro de 2012.
Visibility
Mariano Rajoy Persoa
Vicepresidente do Goberno de España no momento da catástrofe
José María Aznar enviouno a Galicia para encabezar a representación do Goberno de España tras o naufraxio, con múltiplas comparecencias públicas ante os medios de comunicación. Apenas un ano despois da catástrofe Aznar elixiuno como sucesor á fronte do PP e candidato ás eleccións de 2004, nas que perdeu fronte ao PSOE de José Luis Rodríguez Zapatero. Tras sete anos como líder do PP, chegou á presidencia do Goberno español tras as eleccións de novembro de 2011.
Visibility
Miguel Arias Cañete Persoa
Ministro de Pesca no momento da catástrofe
Nas horas posteriores ao inicio dos problemas para o petroleiro defendeu a decisión de afastalo da costa e asegurou que non habería que temer a catástrofe que posteriormente sucedeu. Rajoy incorporouno á dirección do PP tras acceder ao seu liderado e volveuno nomear ministro en 2011. Foi candidato do PP ás eleccións europeas de 2014, tras as que foi nomeado comisario de Acción polo Clima.
Visibility
Parque das Illas Atlánticas Institución Visibility
PP 2004-Actualidade Institución Visibility
PP ata 2004 Institución Visibility
Red Eléctrica Empresa Visibility
Rodolfo Martín Villa Persoa
Comisionado para a catástrofe do Prestige
O ex-ministro franquista foi elixido por Aznar para concentrar as accións do seu Goberno en Galicia vinculadas ao naufraxio.
Visibility
Senado Institución Visibility
Sogecable Empresa Visibility
Xosé Cuíña Persoa
Conselleiro de Política Territorial no momento da catástrofe
 Foi destituído tras a crise do Prestige e substituído por Alberto Núñez Feijóo, con quen competiu polo liderado do PPdeG. Faleceu o 27 de decembro de 2007.
Visibility
Xunta de Galicia 2001-2005 Institución Visibility
Xunta de Galicia 2009-Actualidade Institución Visibility
Source Link Target Date
Autoridade Portuaria de Vigo Presidente Enrique López Veiga
Comisión Europea Comisario de Acción polo Clima Miguel Arias Cañete 01/11/2014
Concello da Coruña Alcalde Francisco Vázquez
ENCE Membro do Consello de Administración Carlos del Álamo 29/06/2009
Fundación FAES Presidente José María Aznar
Garda Civil Director xeral Arsenio Fernández de Mesa 30/12/2011 - 18/11/2016
Goberno de Baleares Presidente Jaume Matas 02/07/0005 - 05/07/2007
Goberno de España 2000-2004 Delegado en Galicia Arsenio Fernández de Mesa
Goberno de España 2000-2004 Ministro de Defensa Federico Trillo
Goberno de España 2000-2004 Ministro de Fomento Francisco Álvarez Cascos
Goberno de España 2000-2004 Ministro de Medio Ambiente Jaume Matas
Goberno de España 2000-2004 Director xeral da Mariña Mercante José Luis López Sors
Goberno de España 2000-2004 Presidente José María Aznar
Goberno de España 2000-2004 Vicepresidente Mariano Rajoy
Goberno de España 2000-2004 Ministro de Pesca Miguel Arias Cañete
Goberno de España 2000-2004 Comisionado para o Prestige Rodolfo Martín Villa
Goberno de España 2004-2011 Embaixador no Vaticano Francisco Vázquez 20/04/0015 - 15/04/2011
Goberno de España 2011-Actualidade Embaixador no Reino Unido Federico Trillo 30/03/2012 - 12/01/2017
Goberno de España 2011-Actualidade Presidente Mariano Rajoy
Goberno de España 2011-Actualidade Ministro de Agricultura e Pesca Miguel Arias Cañete 22/12/2011 - 28/04/2014
Goberno do Principado de Asturias Presidente Francisco Álvarez Cascos 16/07/2011 - 26/05/2012
Parque das Illas Atlánticas Presidente do padroado Carlos del Álamo 23/04/2003 - 23/02/2006
PP 2004-Actualidade Presidente en Galicia Alberto Núñez Feijóo 15/01/2006
PP 2004-Actualidade Candidato á presidencia PPdeG Enrique López Veiga
PP 2004-Actualidade Presidente en España Mariano Rajoy
PP 2004-Actualidade Presidente Mariano Rajoy
PP 2004-Actualidade Candidato á presidencia PPdeG Xosé Cuíña
PP ata 2004 Presidente en España José María Aznar
PP ata 2004 Presidente en Galicia Manuel Fraga
Red Eléctrica Membro do Consello de Administración Arsenio Fernández de Mesa
Senado Senador por designación autonómica Enrique López Veiga 12/06/2012 - 26/10/2015
Senado Senador por designación autonómica Manuel Fraga 20/09/2006 - 27/09/2011
Sogecable Presidente Rodolfo Martín Villa 17/03/2004 - 21/10/2010
Xunta de Galicia 2001-2005 Conselleiro COTOP Alberto Núñez Feijóo
Xunta de Galicia 2001-2005 Conselleiro de Medio Ambiente Carlos del Álamo
Xunta de Galicia 2001-2005 Conselleiro de Pesca Enrique López Veiga
Xunta de Galicia 2001-2005 Presidente Manuel Fraga
Xunta de Galicia 2001-2005 Conselleiro COTOP Xosé Cuíña
Xunta de Galicia 2009-Actualidade Presidente Alberto Núñez Feijóo